GDR galegos e representantes vascos visitamos a pasada semana Asturias para impulsar unha alianza interrexional pola nova economía da aldea do século XXI.
Durante tres intensas xornadas, unha delegación composta por membros dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia: Costa da Morte e Monteval e a asociación de Desenvolvemento Rural de Tolosaldea, desprazámonos a Asturias, para conxuntamente cos Grupos de Desenvolvemento Rural, do Oriente de Asturias, Comarca da Sidra e Alto Narcea Muniellos, percorrer diversos puntos estratéxicos da comarca oriental asturiana (Llanes e Cabrales), así como do occidente (Moal), como parte das accións contempladas dentro do proxecto de cooperación LEADER «Nova Economía do Século XXI». A visita tivo como obxectivo fortalecer a cooperación interrexional e coñecer de primeira man proxectos locais inspiradores en materia de sustentabilidade, innovación rural e transformación económica.
As localidades de Llanes, Cabrales (Asiegu) e Moal foron os escenarios principais desta experiencia de intercambio. En cada parada, os participantes exploramos exemplos reais de cómo os territorios rurais poden adaptarse aos retos do presente sen perder a súa identidade nin as súas raíces. Un roteiro con visión de futuro.













