
Onte presentamos aos concellos do Gdr Monteval a primeira fase do Proyecto Arraigo, un modelo innovador recoñecido pola Unión Europea.
Nesta fase inicial, os concellos que o desexen poderán adherirse para realizar un diagnóstico participativo que permitirá identificar:
Vivendas dispoñibles
Emprego e recursos locais
Necesidades do territorio
A partir desta análise, o Proxecto Arraigo acompaña ás familias interesadas en trasladarse a Ourense durante todo o proceso: desde o primeiro contacto ata o empadroamento e a súa plena integración no municipio.
Un plan que combina presenza no territorio, acompañamento humano e avaliación de resultados, co obxectivo de dar resposta ao reto demográfico e xerar oportunidades no rural ourensán.
Grazas a todos os concellos asistentes a esta primeira reunión informativa.
#ProxectoArraigo#Ourense#RetoDemográfico#DesenvolvementoRural#InnovaciónSocial