
Potenciación da economía circular no Concello de Laza mediante a mellora da reciclaxe e xestión de residuosProxecto base (Laza)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
O Concello de Laza ven de realizar unha importante experiencia piloto que permite potenciar a economía circular e reducir a pegada de carbono, ao mesmo tempo que se realiza unha campaña continua de concienciación veciñal sobre a importancia dunha correcta reciclaxe e xestión de residuos, conseguindo que aumente o grao de reciclaxe pre-existente.
Esta experiencia baseouse na creación, en zonas de fácil accesibilidade aos veciños, de Ecopuntos, nos que se concentran todas as labores relacionadas co reciclaxe e a xestión de residuos, tendo concentrados todos os elementos precisos para a recollida selectiva.
Polo tanto, con este proxecto preténdese estender os beneficios de dita acción a mais lugares e veciños do concello, permitindo unha mellor preservación medioambiental, xetión de residuos e loita co cambio climático.
- Expediente: 7119-09-0012
- Promotor: Concello de Laza
- Concello e Lugar: Laza
- Puntuación: 53,50
- Orzamento aceptado: 28.413,28 €
- Porcentaxe axuda: 80,25 %
- Contía axuda: 22.801,66 €








