
Recuperación patrimonial da área exterior do xacemento arqueolóxico deA Cidá de A Saceda e conexión co roteiro interpretativo do río Pichos ou dos Muíños: Ruta dos Castros (Cualedro)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Preténdese, ao abeiro do presente proxecto, a recuperación e posta en valor da área exterior do Ben de Interese Cultural de A Cidá de A Saceda.
Un lugar fóra das murallas do xacemento no que se ten constancia da existencia de varias construcións de planta circular que converten a este monumental castro nun unicum da cultura que representa.
Toda vez rehabilitado este sector será conectado mediante sinalización vertical polo viario existente co Roteiro do Río Pichos ou dos Muíños creado ao abeiro desta mesma convocatoria na anualidade 2023-2024.
- Expediente: 7119-09-0016
- Promotor: Concello de Cualedro
- Concello e Lugar: Cualedro
- Puntuación: 49
- Orzamento aceptado: 16.493,47 €
- Porcentaxe axuda: 73,50 %
- Contía axuda: 12.122,70 €











