
Adquisición de equipamento para dinamización cultural e social no medio rural (Verín)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Proponse a adquisición dunha carpa para usos culturais que se gardará no Centro Social de Feces da Cima.Será itinerante e farán uso dela as asociacións de veciños, mulleres, colectivos en xeral para a organización de eventos culturais nos pobos do noso Concello.
Obxectivos: é primordial poder contar cun equipamento, neste caso unha carpa de amplas dimensións, que permita durante todo o ano de maneira independente a climatoloxía, o desenvolvemento das diferentes actividades e romerías que se celebran nos diferentes núcleos rurais do municipio de Verín coa finalidade de impulsar a valorización do territorio, da nosa cultura, fixación de poboación no rural, cohesión social e revitalización da economía local.
Tendo en conta os obxetivos da solicitude de subvención, ésta estaría encadrada dentro dos proxectos non productivos, liñas estratéxicas LE6 - Emprendemento e tecido asociativo e liña LE7 - Cohesión social e calidade de vida , encadradas nas liñas estratéxicas:
- P.33: Creación ou consolidación de iniciativas para a dinamización cultural e/ou recreativa, e mellora dos espazos e infraestructuras necesarias para o seu desenvolvemento.
- P.36: Actividades e dinamización social no medio rural para a valorización do territorio e a fixación de poboación.
- Expediente: 7119-09-0023
- Promotor: Concello de Verín
- Concello e Lugar: Feces de Cima (Verín)
- Puntuación: 47
- Orzamento aceptado: 27.300,00 €
- Porcentaxe axuda: 57 %
- Contía axuda: 15.561,00 €



