A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou hoxe en Curtis nunha reunión de traballo con representantes da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), na que afondaron na súa colaboración a prol da mellora destas contornas.
O pasado 30 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia convocatoria das achegas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas ao abeiro da intervención Leader, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, así como as facilidades de acceso ao financiamento, dotadas cun orzamento de 12,6 millóns de euros. Estes fondos xestiónanse a través dos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a xestión da intervención Leader.