
Acondicionamento do entorno da cruz do Enxeñeiro España no Mente (Riós)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
A Cruz do Enxeñeiro España (Concello de Riós) constitúe un elemento singular de relevanciaetnográfica, e do patrimonio cultural do Concello de Riós.Este enclave, situado nunha zona elevada e visible, representa non só un testemuño de carácter conmemorativo, senón tamén un punto de interese histórico para a poboación local e os visitantes.A pesar da súa relevancia simbólica, a contorna inmediata do monumento presenta actualmente un estado de conservación deficiente, con problemas de accesibilidade, deterioración do pavimento circundante e escasa adecuación do espazo para o seu uso público.Esta situación limita as posibilidades de visita, contemplación e aproveitamento do lugar como un espazo de valor cultural. Dada a crecente sensibilidade cara á posta en valor do patrimonio local e a necesidade de mellorar a accesibilidade e a seguridade dos espazos públicos, considérase prioritaria a intervención neste punto estratéxico do Concello.
OBXECTIVOS DA ACTUACIÓN
- Acondicionamento integral da contorna do Monumento Cruz do Enxeñeiro España non Mente co fin de:
- Mellorar o acceso e a seguridade do espazo.
- Reordenar e arrombar a contorna inmediata do monumento.
- Realzar a súa presenza e valor simbólico mediante solucións respectuosas coa paisaxe e a contorna.
- Favorecer o uso desa zona por parte dos visitantes mediante a incorporación de elementos que así o faciliten.
A intervención incluirá traballos de pavimentación, de limpeza e roza, instalación de varandapara facilitar as vistas e evitar posibles caídas e a instalación de mobiliario urbano.
- Expediente: 7119-09-0009
- Promotor: Concello de Riós
- Concello e Lugar: O Navallo (Riós)
- Puntuación: 54
- Orzamento aceptado: 20.449,00 €
- Porcentaxe axuda: 81 %
- Contía axuda: 16.563,69 €





