
Creación do Centro de Interpretación da História e Cultura da Mezquita (A Mezquita)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
Preténdese executar un Centro de Interpretación da historia e cultura da Mezquita, coapretensión de difundir as investigacións realizadas, con fins didácticos e pedagóxicos, ofrecendo un significado aos acontecementos históricos máis salientables.
Dentro deste espazo, terá grande importancia o patrimonio arqueolóxico e os resultados obtidos durante asintervencións realizadas.
Este proxecto terá consideración de non produtivo de prioridade media, ao ter un interese público ou colectivo e non supón, en ningún caso, o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa.
Por outro lado, o proxecto de actuación que se describe a continuación non se iniciará, en ningún caso, antes da solicitude de axuda.
Potenciar os recursos culturais e turísticos da Mezquita, xerando un ESPAZO DE REFERENCIA para visitantes e interesados en coñecer máis a cerca do concello e a súa riqueza cultural-histórica.
Fomentar o TURISMO CULTURAL de calidade na zona, de xeito que beneficie o desenvolvemento da poboación próxima.Converter ao Centro nun DINAMIZADOR CULTURAL e nunha fonte de coñecemento histórico coa capacidade de fixar eventos de interese que se presenten como referentes nos estudos de investigación de contextos agrícola-produtivos do NW peninsular.
A NON ESTACIONALIDADE: Dada a súa situación, e aínda que moitas das visitas se realizarán os fins de semana e no período estival, o achegamento de visitas ao Centro poderá realizarse sen problema durante todo o ano, sendo complementarios os diferentes públicos potenciais.
- Expediente: 7119-09-0020
- Promotor: Concello de A Mezquita
- Concello e Lugar: A Mezquita
- Puntuación: 49
- Orzamento aceptado: 28.200,00 €
- Porcentaxe axuda: 59 %
- Contía axuda: 16.638,00 €







