
Implementación de fresa de puente de control numérico Belt de cinco ejes interpolados (Verín)
Proxectos Produtivos
Actualmente, débense aliñar todas as tecnoloxías posibles no concepto “INDUSTRIA 4.0”, facendo un uso máis eficiente dos recursos e aumentando a rendibilidade da empresa, o que posibilita a sostibilidade económica, social e medioambiental.
O proxecto de "IMPLEMENTACIÓN DE FRESA DE PUENTE DE CONTROL NUMÉRICO BELT DE CINCO EIXES INTERPOLADOS" , permite automatizar a produción e aumentar significativamente a produtividade, motivada pola ampla gama de configuracións e accesorios dispoñibles, con resultados precisos e perfectos.
Esta máquina permitirá aumentar a gama de produtos que Grapimat ofrece actualmente, aumentando o mercado e diversificando o catálogo, xa que permite cortes lonxitudinais, transversais, oblicuos, inclinados, curvilíneos, círculos, escavacións con disco, perfilados, etc.
A maiores, o brazo automático de descarga minimiza o risco de roturas de materiais e estas tecnoloxías conducen a unha maior automatización, ó mantemento predictivo, á optimización das melloras de procesos e, sobre todo, a un nivel de eficiencia e capacidade de resposta ós clientes que non sería posible doutra maneira.
- Expediente: 7119-09-0022
- Promotor: Grapimat Pazols SL
- Concello e Lugar: Pazos (Verín)
- Puntuación: 33
- Orzamento aceptado: 258.080,00 €
- Porcentaxe axuda: 34 %
- Contía axuda: 87.747,20 €





