Raíces Sonoras
Proxecto audiovisual que busca destacar a diversidade e riqueza musical de Galicia, centrado na mestura da tradición musical coa innovación contemporánea. A través de entrevistas e actuacións, este proxecto ofrece unha ventá ao traballo de artistas locais que están a redefinir a música galega, enfocándose en combinar sons tradicionais con propostas modernas e experimentais. En cada episodio, compartirán o seu proceso creativo, as súas influencias e as colaboracións máis destacadas nas que teñen participado. Mediante as súas historias e actuacións, convértese nun espazo para explorar a evolución da música galega, dende as súas raíces ata as novas tendencias. Ademais, o proxecto servirá para dar visibilidade a espazos emblemáticos de Monterrei, como o Castelo de Monterrei ou os lagares de Oímbra, creando unha narrativa que fusiona música, historia e identidade cultural. A través de Monstera, achegaremos á audiencia a riqueza do patrimonio musical galego, destacando a importancia da creación contemporánea e dando voz ás novas xeracións que están a revolucionar a escena musical na nosa terra.










