
Rehabilitación de fontes públicas tradicionais en Videferre, Espiño, Bousés e As Chas (Oímbra)
Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas
O proxecto consiste na rehabilitación de sete fontes tradicionais situadas nos núcleos rurais de Videferre, Espiño, Bousés e As Chas, pertencentes ao Concello de Oímbra.
As actuacións inclúen desescombrado manual, impermeabilización de vasos, reparación de arcos de cantería, rexuntado con morteiro tradicional, colocación de caños e conexión a redes pluviais.
Todas estas fontes están incluídas no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta, polo seu valor etnográfico e histórico.
Os investimentos totais previstos ascenden a 25.000 € e desenvolveranse nun prazo estimado de tres meses.
- Expediente: 7119-09-0017
- Promotor: Concello de Oímbra
- Concello e Lugar: Videferre, Espiño, Bousés, As Chas (Oímbra)
- Puntuación: 53,50
- Orzamento aceptado: 24.980,00 €
- Porcentaxe axuda: 80,25 %
- Contía axuda: 20.046,45 €











